domingo, 24 de janeiro de 2010

O 21 en Compostela

Santiago quedou colapsada por unha infinidade de persoas que encheron a cidade histórica, prostestando polo novo decreto que quere impoñer Feijoo. Derogator quere eliminar a presenza do galego nas aulas propoñendo un inviable decreto educativo, grazas a Feijoooo, o problema da Galiza xa non é a diglosia xa que o superamos co trilingüísmo e cun suposto 33%, agora pasamos á triglosia made in Galicia.
A quen pretende enganar? como pensa levar adiante un proxecto sen medios económicos suficientes, nin recursos materiais e humanos. Para implantar 1/3 de cada idioma en materias educativas fomentando un plurilingüísmo ( así o chama el ), se sabemos todos que ao final... só darán as clases en castelán (monolingüísmo). A que vén a teima co inglés... se xa semella que o quere elevar ao grao de lingua oficial, un idioma extranxeiro que debería ser opcional ( agás a materia propia, por suposto)... e que vai pasar co galego, idioma propio de Galiza? rebaixado e denigrado, perdendo os poucos dereitos que conseguira. E o portugués? tamén terían que dar materias neste idioma para ser xustos coa filosofía plurilingüísta... cada día están máis tolos... isto xa é a terra de ninguén.

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

Hoxe Compostela ficou colapsada























As pedras do Obradoiro reveron sentimentos dun pobo que clama o dereito de vivir en galego e que o noso idioma adquira o lugar que lle corresponde no ensino.