quarta-feira, 18 de maio de 2011

Paremos os ataques contra o galego!!!






 O 17 de maio, "Día das Letras Galegas", houbo unha mobilización en prol do galego e en homenaxe a Lois Pereiro na Praza da Princesa en Vigo. Todas as personalidades da política e da cultura leron textos de Lois e uniron as súas voces con outras zonas da Galiza; Marín, Pontevedra, Santiago...
Esta multitudinaria concentración aviva os corazóns dos galegos e galegas para seguir adiante nesta dura loita!.

sexta-feira, 13 de maio de 2011

Audio (pequeno fragmento da Conferencia)

Audio.mp3

Recital-Conferencia do pasado 12

Vídeo dun momento da conferencia, na que recita un poema da nosa amada Rosalía.
Carlos Callón, o presidente d'A MESA pola Normalización Lingüística. 
 Onte xoves Carlos Callón, deu a todos os seus atentos asistentes un interesante percorrido pola literatura e historia da poesía galega. Este comprometido escritor, poeta, activista... é xa todo un persoeiro de relevancia, coñecido e recoñecido polo seu duro traballo en defenda do noso grande idioma.
Grazas a el e tamén a moitas  e moitos máis desta plataforma, que xa ten 25 anos, aínda nos queda a esperanza de que un día haberá xustiza para Galiza e para a súa Lingua Mater.

sábado, 7 de maio de 2011

12 de maio, no local d'A Mesa en Vigo

VIGO.- 'ITINERARIO POÉTICO POLA DEFENSA DO IDIOMA', O 12 DE MAIO

[06/05/2011]
O día 12 de maio ás 20 h, o local da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo acollerá un "Itinerario poético pola defensa do idioma", a cargo do presidente da Mesa, Carlos Callón.

Neste recital-conferencia, organizado conxuntamente co Concello de Vigo, farase un percurso pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas. 

O local da Mesa en Vigo está na rúa Abeleira Menéndez, 28, baixo.

Arriba


Artigo sacado da páxina d'A Mesa.