terça-feira, 20 de fevereiro de 2018

24F Dia de Rosalia

Carlos e Serafín, indulto xa!

Diante da continuada negativa do Partido Popular a indultar dous traballadores inocentes, temos que redobrar esforzos para exixir que se faga xustiza. Véñense de cumprir catro anos de espera por un indulto reclamado por un clamor unánime a nivel social e institucional, e que pode evitar que os compañeiros Carlos e Serafín ingresen en prisión por causa de participar dunha folga.

Con tal fin está convocada para este xoves 22 unha grande manifestación en Vigo para reclamar o indulto para os compañeiros Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. Ás 18:30h desde Vía Norte. Acompáñase cartel.

Porque Carlos e Serafín somos todos, somos todas. Porque defender a clase traballadora non poder ser delito. INDULTO XA!


EXECUTIVA COMARCAL
CIG-VIGO